sábado, 29 de marzo de 2014

Fwd: II Festival Galego de Teatro Amador EstéNarúa Ferrol. 24 e 25 de Maio de 2014. Ti e Máis eu Teatro


A Asociación Cultural e Artística Tí e Máis eu Teatro, informa de que se abre o prazo para a participación de grupos de teatro afeccionado/amador da comunidade autónoma de Galiza na segunda edición do Festival Galego de Teatro Amador, que terá lugar o 24 e 25 de Maio en Ferrol.

As solicitudes de participación deben realizarse cumprimentando os formularios de inscricción telemática dende a páxina web da entidade organizadora www.tiemaiseuteatro.com, puidendo realizarse as inscriccións ata o 15 de Abril as 00:00 hrs, nas que se pechará o prazo para a recepción de solicitudes.

Os programadores/as e técnicos culturais dos Concellos de Galiza tamén poderán realizar as incricións a través do seu correspondente formulario telemático da web, no mesmo prazo.

EstéNarúa é o Festival Galego de Teatro Amador de Galiza, un Festival no que se amosa a cidadanía o traballo dos diversos grupos de teatro afeccionado que traballan o longo do territorio da Comunidade Autónoma de Galiza.

Por outra banda é un espazo para a convivencia entre os actores e actrices integrantes dos diversos grupos de teatro e de intercambio de coñecementos, opinións, e para levar a cabo iniciativas en conxunto sobre o teatro afeccionado en Galiza, sendo un referente para programadores e técnic@s de cultura dos concellos da comunidade autónoma.

Na súa II edición, presentaremos novidades que agardamos ano tras ano vaian enriquecendo os contidos do mesmo, e recordade, Se Fas Teatro..., EstéNarúa!!, agardamosvos en Ferrol.

Un saludo Amig@s!
 

Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro

C. Celso Emilio Ferreiro 16 B Esq.
Telf: 677893176/677776342